Escoitar

Normalización Lingüística organiza obradoiros de internet

martes, 12 feb 2002
imx1083.jpg
O Servicio de Normalización Lingüística organiza, dentro do programa Ciberlingua, un obradoiro para pais e nais de alumnos do primeiro ciclo da ESO. O obxectivo desta iniciativa é difundir o coñecemento da rede e das súas ferramentas.

Ciberlingua é un programa de normalización lingüística dirixido a popularizar, desde o galego, o uso das tecnoloxías da información e comunicación na comunidade educativa.

O obradoiro, de 14 horas de duración, celebrarase do 18 ó 21 e do 25 ó 27 no IES Manuel Antonio (Avda. Madrid s/n) en horario de 18:00 a 20:00. O número de prazas é limitado.

Normalización lingüística xa organizou catro obradoiros para o profesorado e no mes de marzo desenvolveranse 10 sesións destinadas a alumnado de 1º e 2º de ESO.



MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes