Escoitar

A Comisión de Goberno aproba por unanimidade a avaliación de postos de traballo

luns, 11 feb 2002
A Comisión de Goberno aprobou, cos votos favorables dos seus nove membros, a proposta económica de avaliación de postos de traballo acordada previamente coa maioría sindical dos traballadores municipais. Esta proposta foi trasladada ao departamento de persoal para que no prazo de tempo máis curto posible a eleve ao Pleno da Corporación.

A proposta fora acordada nunha reunión mantida ás oito desta mesma mañá polos delegados da Comisión de Goberno, Xavier Toba, Xoaquín de Acosta, Belén Sío e Delfín Fernández coa maioría da representación sindical. O documento trasladouse despois á Comisión de Goberno, onde foi debatido e finalmente aprobado por unanimidade. A proposta aprobada axústase fielmente ao mandato realizado pola Comisión de Goberno na xuntanza de 8-1-2002.

O acordo contempla a distribución entre todo o persoal municipal de 273.269.306 ptas., que pasarán a formar parte dos conceptos retributivos fixos. Outros 115.730.694 ptas. destinaranse a retribucións variables ligadas á mellora da eficiencia e á reducción do absentismo laboral. Ademais resérvanse 11.000.000 de ptas. para a avaliación de tarefas específicas dos grupos A e B.

Algúns exemplos do que suporá a aplicación deste acordo nos soldos fixos:

.........................................Aumento anual... % de incremento

Garda da Policía Local.....221.407 ptas......7,49%
Administrativo Xeral.......158.669 ptas......4,84%
Cabos Policía Local........307.199 ptas......10,02%
Aux. admón.......................205.555 ptas......7,57%

Os axentes da policía local recibirán a maiores da cantidade anterior outros 78.000.000 de ptas. correspondentes a conceptos retributivos variables. Iso supón ao redor de 339.000 ptas. por axente e ano.