Parques e Xardíns realizou actuacións no Vao, na esquina de Carmelitas e no parque Reiman
A Concellería de Parques e Xardíns actuou nunha superficie de 1.500 m2 de céspede no parque Reiman, situado en Coia, nunha zona que xa tiña cuberta vexetal pero que precisaba un sistema de rego para a súa conservación.
Co obxectivo de optimizar o consumo de auga instalouse no parque de Reiman un sistema automatizado por aspersión con tempos de regadío regulables en función das necesidades de cada tempada. Desta maneira tratarase de obter un mellor grao de ornamentalidade da zona. O presuposto foi de 4056, 83 euros (675.000 pesetas).
No aparcamento do Vao plantáronse 16 chopos (Populus alba) co obxectivo de conseguir zonas de sombra nun lugar moi frecuentado no verán polas persoas que acoden á praia. As árbores plantadas, cun calibre de 18 a 20 cm., son de crecemento rápido e permitirán que proximamente poidan cumprir a función de ofrecer proxeccións de sombra no aparcamento. O seu presuposto foi de 1442,43 euros (240.000 pesetas).
Outra das actuacións de Parques e Xardíns consistiu na reforma da esquina de Carmelitas, recuperando unha zona degradada por utilización indebida con exceso de cans. Contou cunha partida de 504,85 euros (84.000 pesetas).
Descargar todas as imaxes