Vigo vivirá seis días de troula coas festas de Entroido
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou os actos previstos para o Entroido 2002, que se celebrará do 8 ó 13 de febreiro. A Federación de Peñas Recreativas ”El Olivo”, a Federación ”Eduardo Chao” e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais organizan tamén os eventos.
O venres, 8 de febreiro, haberá un desfile de comparsas escolares na rúa Venezuela a partir das 12:00 horas. Os foguetes de benvida ó Entroido, o espectáculo de entronización do Meco presidido polo Rei Momo e o pregón a cargo do xornalista Fernando Franco celebraranse na Porta do Sol ás 21:30.
O sábado, 9 de febreiro, celebrarase a partir das 19:30 un desfile de comparsas por García Barbón, Nó de Isaac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. Ás 23:00 haberá verbenas na Porta do Sol, coa actuación das orquestras Cunter´s e Tambo: praza de América, con Gales e Anduriña: praza de acceso ó barrio das Flores (Teis), con Madeira e na rúa Jenaro de la Fuente (Calvario) con Troco.
As actividades de entroido para nenos serán o domingo, 10 de febreiro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Haberá inchables, obradoiros, karaoke e o show do pallaso Popín. A cita será na praza do Rei e na lonxa do Concello.
O luns, 11 de febreiro, ademais dos inchables, obradoiros e karaoke, que estarán instalados de 16:00 a 20:00 na praza do Rei, actuará o Mago Cali ás 19:00 horas.
O martes, 12 de febreiro, haberá as mesmas actividades infantís e Pámpano-Clown malabarista será ás 18:00 horas a atracción da xornada. A partir das 22:30 haberá unha verbena na Porta do Sol amenizada por Alkar e Amistad, que dará paso ó Xuízo do Meco ás 23:45 horas. Logo, lerase a sentencia e queimarase o Meco e continuará a verbena.
O velorio do cadaleito será o mércores, 13 de febreiro, ás 18:30 na Porta do Sol e o enterro do Meco, co desfile de comparsas acompañando o cadaleito discorrerá por García Barbón, Nó de Isaac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. Despois, celebrarase o responso, sepelio e lectura do testamento na Porta do Sol e, trala lectura da acta do xurado, rematarán as festas de entroido 2002.
Descargar todas as imaxes