Escoitar

A Biblioteca Central organiza actividades para que os nenos se divirtan e aprendan nestas datas

A Biblioteca Central tamén se soma ás celebracións de Nadal cunha programación especial para nenos e nenas. Así, ata o próximo xoves 5 de xaneiro desenvolveranse diversos obradoiros nos que os máis pequenos poderán aprender a debuxar cómics ou xogar cos seus compañeiros.

luns, 2 xan 2006
Desde hoxe luns ata o xoves 5 de xaneiro desenvolverase, de 11:00 a 12:30, un obradoiro de Ilustración de Cómics, destinado a rapaces de 9 a 14 anos. Tamén esta semana, ata o mércores 4 de xaneiro, levaranse a cabo outras actividades polas tardes que correrán a cargo da Asociación Sociocultural Skène.

Así, hoxe luns, de 18:30 a 20:00 actuará un contacontos para rapaces de máis de 3 anos. Mañá martes, ás 18:30, terá lugar o obradoiro "Os nosos agasallos para os Reis Magos", e o mércores 4 de xaneiro, os nenos poderán participar no obradoiro "A xogar", que inclúe diversas actividades, como espectáculos, xogos e cancións.