A Cabalgata de Reis sairá o xoves ás 18:15 do nó de Isaac Peral
Pasada a Noitevella, Vigo prepárase para a última das grandes celebracións do Nadal: a Cabalgata de Reis. O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, anunciou hoxe o percorrido que farán Melchor, Gaspar e Baltasar, ademais das características da comitiva que os acompañará o próximo xoves 5.
Os reis magos iniciarán o seu desfile polas rúas de Vigo ás 18:15 no nó de Isaac Peral, e continuarán por García Barbón, Policarpo Sanz, a Porta do Sol e Elduayen, ata chegaren á oliveira do Paseo de Afonso, sobre as 19:30.
A comitiva estará formada por 14 carrozas. Cinco delas son do Concello e as nove restantes pertencen ás empresas que colaboran no evento. Segundo afirmou Ignacio López-Chaves, os reis queren que a Cabalgata sexa moi entretida, polo Melchor, Gaspar e Baltasar serán acompañados por 11 grupos de animación, entre os cales figurarán tres camelos, o grupo teatral "La Fiesta Escénica" e un conxunto de pallasos xigantes. Ademais, durante o percorrido catro focos de grandes dimensións proxectarán imaxes relativas ao Nadal sobre os edificios.
Este ano cada carroza estará dedicada a un conto ou personaxe infantil. Así, poderanse ver carrozas dedicadas a Vickie o vikingo ou á historia de "A Bela e a Besta".
Desde as tres carrozas dos reis magos lanzaranse 4.000 kilos de caramelos sen gluten, aptos para nenos e nenas celíacos. Así mesmo, repartiranse 10.000 globos en distintos puntos do percorrido, 35.000 dípticos con información sobre a Cabalgata e normas de seguranza, e 1.200 carteis. A organización da Cabalgata pide a colaboración dos adultos para que eviten que os nenos se expoñan a ser atropelados polas carrozas ao iren recoller caramelos. Trescentos cincuenta voluntarios velarán por que a festa trasncurra con normalidade.
A Cabalgata de Reis 2006 suponlle ao Concello un gasto de algo máis de 190.000 euros, uns 61.000 máis que a de 2005. O concelleiro de Festas asegurou que este incremento se debe a que este ano hai máis grupos de animación.
Descargar todas as imaxes