Escoitar

Continúa a programación de Nadal da Concellaría de Festas

A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural continúa a desenvolver durante estes días a súa programación de Nadal, con actividades como a Cabalgata de Reis, as visitas do Carteiro Real e actuacións do pallaso Popín nos barrios.

luns, 2 xan 2006
VISITAS DO CARTEIRO REAL

Datas e lugares:

Xaneiro
- Día 2, luns 11,00 horas ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE.
- Día 2, luns 17,00 horas SCD "ATLANTIDA DE MATAMÁ".
- Día 3, martes 17,00 horas AVV CALVAIO, 17,00 horas.
- Día 4, mércores 17,00 horas UVCD DE CANDEAN.


ACTUACIÓNS NOS BARRIOS

Espectáculo: "O novo show do pallaso Popín".
Datas e lugares:
- 2 de xaneiro ás 17,00 horas: ASOCIACION VECIÑOS PRAZA DA MIÑOCA.
- 3 de xaneiro as 17,00 horas: AAVV CRISTO DA VICTORIA.
- 4 de xaneiro as 17,00 horas: PRAZA DA INDEPENDENCIA.


BELEN PRAZA DE COMPOSTELA

Lugar: Praza de Compostela.
Datas: do 16 de decembro ó 8 de xaneiro de 2006.


CABALGATA DE REIS 2006

- Percorrido: García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), Policarpo Sanz, Porta do Sol e Elduayen (remate no "Olivo" do Paseo de Alfonso).
- Zona de montaxe da comitiva: García Barbón (entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julian Estevez/Sanjurjo Badía).
- Hora de saída: 18,15 García Barbón (dende o nó de Isaac Peral).