Escoitar

Concerto da soprano Teresa Novoa no Centro Cultural Caixanova, no marco do festival de ópera "Lírica de Outono"

O Centro Cultural Caixanova acolle o mércores, día 30,, un concerto da soprano Teresa Novoa, acompañada ao piano por Alejo Amoedo. O concerto enmarcase na tempada de ópera "Lírica de Outono" que, baixo o patrocinio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, está desenvolvendo os Amigos da Ópera de Vigo.

martes, 29 nov 2005
1133271815lirica2.jpg
O concerto, que se celebrará ás 20.00 horas, estará integrado exclusivamente por arias de ópera. O programa é o seguinte:

PRIMEIRA PARTE
O del mio dolce ardor..Elena e Paride.. C. W. Gluck
Lasciate mi morire!..Lamento de Arianna..C. Monteverdi
Non T`e acostare all`urna..Romanze..G. Verdi
Morrò, ma prima in grazia..Un Ballo in maschera..G.Verdi
Tutto ho perduto..Oberto..G.Verdi

SEGUNDA PARTE
È l`april che torna a me..U. Giordano
Elégie..J. Massenet
Ebben, n`andrò lontana..La Wally..Catalani
Ecco:respiro appena..Adriana Lecouvreur..F. Cilèa
Suicidio!..La Gioconda..A. Ponchielli

Teresa Novoa, Premio Nacional de música 2001, é natural de Ponteareas. Comezou os seus estudos en Galicia con Raimunda Lusquiños, para logo terminar os específicos de canto en Madrid, baixo a cátedra de Pedro Lavirgen, conseguindo varios premios de honor. Ampliou estudos con mestres como Monserrat Caballé, Jaime Aragall, Daniel Ferro, Ileana Cotrubas, Ian Baar, Félix Lavilla, Miguel Zanetti, etc.
Alejo Amoedo, nado en Redondela ,realizou os seus estudos musicais nos conservatorios de Pontevedra, Santiago e Vigo, onde finaliza con altas calificacions as carreiras de piano, solfeo, repentización, acompañamento e música de cámara.

Forma parella artística coa soprano Teresa Novoa coa que realizou numerosos recitais por toda la xeografía española.
Descargar todas as imaxes