O Juan Sebastián Elcano visita o porto de Vigo
A Comandancia de Mariña de Vigo acolleu hoxe a presentación do programa de actos previstos pola Armada Española na nosa cidade con motivo da celebración do I Salón Náutico Internacional na nosa cidade durante a fin de semana. Con este motivo, o Concello de Vigo ofrecerá o vindeiro xoves un xantar oficial ós distintos cargos da Armada.
Os actos estarán centrados nunha presencia naval representada polo Buque Escola “Juan Sebastián Elcano”, así como o submarino “Mistral”: as corvetas “Infanta Elena” e “Infanta Cristina”: os barcos patrulla “Atalaya” e “Tabarca” e as Goletas-Escolas “Giralda” e “Arosa”. Esta presencia naval terá xornadas de portas abertas e bautismos de mar en tódolos seus buques para tódalas persoas que queiran visitalos.
O Juan Sebastián Elcano, que non recalaba en Vigo dende 1947, celebra este ano o seu 75 aniversario. Este buque é o embaixador flotante de España polo mundo adiante e é o escenario onde toman o primeiro contacto coa mar, os alumnos de 4º curso da Escola Naval de Marín.
A Armada Española tamén estará presente no I Salón Náutico de Vigo, cun stand dedicado á “Construcción Naval na Zona Marítima do Cantábrico” e na X Regata Virxe da Guía.
Descargar todas as imaxes