Escoitar

Novas obras de humanización na rúas Venezuela e Chile

luns, 20 mai 2002
O Concello completará a humanización da rúa Venezuela actuando no treito comprendido entre as rúas Blein Budiño e Joaquín Loriga. As obras consistirán no arranxo das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a colocación de lastros de granito á entrada dos garaxes. A Comisión de Goberno aprobou este proxecto, que ten un investimento de 101.571 euros.

Na Comisión de Goberno deuse conta da adquisición de lotes de plantas de tempada co obxectivo de renovar espacios verdes da cidade para o que se destinaron 42.000 euros.


Humanización rúa Chile

As obras de humanización da rúa Chile permitirán modernizar a rede de abastecemento de auga e saneamento, canalizar os servicios de gas e cable, renovar o pavimento da calzada, anchear as beirarrúas con novas losetas e colocar arborado e bolardos.

Coa realización destas obras, demandadas polos veciños da zona, ofrecerase o subministro de gas e cable. O Concello conseguiu que diversas operadoras de servicios financien o proxecto. A empresa R achegará 120.000 euros, Gas Galicia 90.000 euros e Seragua 30.000 euros, ademais do material necesario para modernizar a rede de abastecemento de auga e saneamento. Tralas obras, a calzada quedará reducida a 3,5 metros de ancho co fin de ampliar as beirarrúas o máximo posible, agás nas curvas para facilitar o xiro dos vehículos.