Escoitar

O Auditorio comezará a construírse a principios de 2006

A construcción do Auditorio-Pazo de Congresos iniciarase a principios de 2006. Así o anunciou hoxe luns o portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, despois da apertura das ofertas económicas presentadas ao concurso público.

luns, 3 out 2005
1128344972audi0310a.jpg
Segundo Figueroa, as obras do Auditorio poderían estar adxudicadas en mes e medio ou dous meses. Antes, as tres ofertas abertas hoxe serán obxecto de informes técnicos, terán que recibir o visto bo da Mesa de Contratación e deberán recibir, finalmente, a aprobación da Xunta de Goberno local.

Agora, este goberno ten enriba da mesa tres ofertas: as de Dragados, Necso e Sacyr-Vallehermoso, cualificadas por José Manuel Figueroa de "competitivas" e "moi interesantes para a cidade de Vigo".

Ademais, Figueroa afirmou que o do Auditorio-Pazo de Congresos "é un dos maiores concursos que se van dar en Galicia nestes anos", o que, na súa opinión, "demostra que o Goberno (local) ten proxectos" para "mellorar a cidade". Neste sentido, o portavoz do Goberno municipal afirmou que "se veñen abaixo as denuncias de falta de idoneidade" do prego de condicións.
1128344972audi0310a.jpg
1128345003audi0310b.jpg
Descargar todas as imaxes