Aprobado o proxecto de construcción dunha escola infantil na rúa Palencia
A Xunta de Goberno Local autorizou hoxe luns un gasto de 659.831 euros para a construcción dunha escola infantil na rúa Palencia, destinada a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
O edificio proxectado conta cunha planta baixa e outra alta, de tamaño moito menor. Na planta baixa ou principal estará a gardería propiamente dita, coas súas aulas, sala de usos múltiples, vestíbulos e corredores. Tamén se situarán nesta planta a cociña, o comedor, a despensa, a lavandería e os almacéns.
As tres aulas disporán de bañeira (excepto a aula C) e unha mesa para cambiar cueiros. Nas aulas B e C haberá dous inodoros e dous lavabos adaptados á altura dos cativos. As zonas de baño estarán separadas por uns tabiques acristalados, o que permitirá ter un control visual deste espazo. Ademais, está prevista a instalación de tabiques mobibles para independizar, cando for necesario, as zonas de descanso das de actividade.
Na planta alta estará a zona de dirección e profesorado, e na súa distribución contémplase a posibilidade de unir a sala de profesores coa sala A.N.P.A., en caso de ser preciso un maior espazo.
Centro Cívico de Teis
Por outra parte, a Xunta de Goberno decidiu prorrogar o convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Veciños de Teis para o uso e realización de actividades no Centro Cívico desta parroquia. Como contrapartida ao estipulado no dito convenio, a Xunta de Goberno autorizou un gasto de 40.748 euros, con cargo á partida orzamentaria de Participación Cidadá.
Ademais, quedou aprobada a revisión dos prezos do contrato asinado con Cepsa para o mantemento do terreo de xogo do estadio de Balaídos, establecendo para o ano 2005 a cantidade de 32.366 euros. Tamén se revisa o contrato de prestación dos servizos de dirección técnica do mantemento dos campos de fútbol de Balaídos, Barreiro e A Madroa. A cantidade para 2005 fixada neste caso é de 21.239 euros.
Por último, a Xunta de Goberno deu o seu visto bo á aprobación técnica de diferentes proxectos de rehabilitación, de reparación e de execución de varios muros de contención. Son estes os situados na rúa Serafín Avendaño e na alameda Sampaio, no parque Camilo José Cela e na praia da Punta, en Teis.
Descargar todas as imaxes