Controlado un verquido de fuel no río Lagares
Un verquido de fuel no río Lagares procedente das instalacións da antiga empresa Álvarez foi controlado no día de onte, 17 de marzo, por empregados dos departamentos de Limpeza de Praias e de Medio Ambiente, en colaboración coa empresa especializada Hisanta. A actuación deste persoal evitou un desastre medioambiental.
Empregados de Limpeza de Praias e de Medio Ambiente lograron controlar onte xoves, en colaboración coa empresa especializada Hisanta, un verquido de fuel no río Lagares procedente das instalacións da empresa Álvarez. De momento foron recollidos tres contedores de fuel, pero desde Medio Ambiente aseguran que a rápida actuación deste persoal evitou un desastre medioambiental.
O verquido foi detectado onte xoves por un inspector de Medio Ambiente. Durante a fin de semana prolongaranse os traballos de limpeza, nos que colaborará o Parque de Desinfección.
Hoxe venres os bombeiros selaron o depósito desde o cal fluíu o verquido. O servizo de protección da natureza SEPRONA xa fixo acto de presenza no lugar para avaliar a situación e presentará nos próximos días unha demanda contra os responsables deste delicto ecolóxico.