Escoitar
anuncio mobilidade e Seguridade

Peche da estrada de Bembrive ao tráfico

<br />

venres, 18 mar 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción dunha rotonda no
cruzamento da estrada de Bembrive e o camiño Toutizo, estará pechada ao tráfico a estrada de Bembrive, entre o camiño Segade e a entrada norte do camiño Toutizo, con acceso exclusivo para residentes e bus urbano VITRASA, dende o luns 21 ás 00:00 horas até o mércores 23 de marzo de 2005 ás 24:00 horas,
Asemade, establécese, mentres duren as obras, sentido único no camiño Toutizo con entrada polo lado sur e
saída polo lado norte.
Os vehículos procedentes da rúa Segade desviaranse pola autovía A - 55 até o cruzamento do seminario.
Os vehículos procedentes da estrada Vella de Madrid e con itinerario cara a Bembrive desviaranse polo carril de servizo da A- 55 para acceder logo á rúa do Cacheno.
Os vehículos procedentes do Porriño pola autovía A - 55 continuarán até o cruzamento do Seminario.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.