Corina Porro recibiu á Asociación Autismo Vigo para falar dos seus proxectos<br /> <br />
A alcaldesa Corina Porro mantivo unha reunión cunha representación da Asociación Autismo Vigo, coa que mantén unha gran relación, onde falaron dos últimos proxectos que a entidade trata de levar a cabo.
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe a unha representación da Asociación Autismo Vigo coa que mantivo unha reunión para falar dos proxectos desta asociación á que pertencen medio centenar de familias na cidade.
Entre os proxectos que manexa a asociación destaca un recente que xestionan co concello de Moaña para realizar actividades de ocio durante todo o ano, incluído o período de verán, nas novas instalacións de Obeque. Trátase dun recinto emprazado nun entorno natural excepcional e provisto de todo tipo de instalacións deportivas, como cancha de fútbol, de tenis ou piscinas. A idea é a de converter este recinto nun lugar fixo de excursións de fin de semana para os membros da asociación, de maneira que se atopen cun entorno pouco a pouco coñecido, dados os problemas de adaptación que padecen as veces os autistas cos lugares descoñecidos. A asociación destaca tamén que al estar aberto ao público, "conseguiríase unha integración non forzada".
A asociación Autismo Vigo traballa dende hai anos no seu proxecto estrela, un centro permanente para autistas en Gondomar. Un lugar adecuado para maiores de idade para que puidesen ter certa independencia das súas familias, que chegados a certas idades pasan por moitos apuros para coidalos. Así mesmo, o centro estaría provisto de habitacións para que os familiares dos internos puidesen pasar os fins de semana.
Descargar todas as imaxes