Escoitar

A Casa da Xuventude presenta "Soños", unha mostra pictórica de Dolores Canle que estará exposta ata o 19 de novembro

Dende hoxe e ata o 19 de novembro, a Casa da Xuventude expón a obra de Dolores Canle, unha pintora de técnicas variadas totalmente involucrada no mundiño artístico, ben como pintora, ben como profesora de artes plásticas, ou ben como deseñadora de xoias.

martes, 9 nov 2004
1100009422dolores.jpg
A partires de hoxe pola tarde ábrese unha nova mostra na Casa da Xuventude. As obras que poderemos ver nesta ocasión son cadros realizados en óleo e acrílicos por Dolores Canle, unha pintora de técnicas variadas que dedica gran parte do seu tempo ao mundo artístico: ademais de ter unha ampla formación no mundo das artes plásticas, ten
realizado cursos básicos e específicos ó longo da súa vida, o que lle aportou un coñecemento neste eido que logo poría en marcha dedicándose sobre todo ao debuxo e á pintura. Como actividades relacionadas, imparte clases e ten feito algunhas mostras pictóricas, ademais de terse dedicado en pequenos períodos de tempo ao deseño textil e de xoias.

Quizais é unha das persoas con máis trasfondo artístico e preparación neste eido
de todas as que pasaron pola nosa sala nestes últimos meses. Nembargantes, a Casa da Xuventude centra maioritariamente o seu apoio en artistas xoves e colectivos xuvenís.

As obras poden contemplarse a partires desta tarde ata o mesmo venres 19 de novembro en horario de apertura da sala de exposicións que é de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.
Descargar todas as imaxes