Escoitar

Corina Porro entregoulle ao presidente da Xunta un dossier de actuacións urxentes na cidade para a súa inclusión nos presupostos da Xunta para o 2005

Trala lectura das peticións do Concello por parte da alcaldesa, Manuel Fraga ratificou o seu compromiso coa cidade de Vigo, da que se definiu como "aliado fiel e incondicional".

luns, 8 nov 2004
1099925708sala.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, entregoulle ao presidente da Xunta, Manuel Fraga, un dossier coas actuacións urxentes que precisa a cidade de Vigo e que, coa intercesión do presidente, serán propostas para a súa inclusión nos presupostos da Xunta de Galicia no exercicio 2005.

As actuacións, correspondentes ás diferentes consellerías, son as seguintes:

Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda:

- As obras das 384 novas vivendas sociais previstas en San Paio de Navia, das que un 50% destinaranse á mocidade (7.640.000 euros).
- A segunda promoción de vivendas públicas no Calvario (26 vivendas) e nas Roteas (48 vivendas) (1.300.000 euros).
- O 50% da cantidade asignada ao plan provincial de vivenda, que inclúe bolsa de alquiler, rehabilitación ou hipoteca xove (6.500.000 euros).
- Unha quinta parte da partida destinada a transporte metropolitano, co fin de mellora-las comunicacións de Vigo coa súa área metropolitana (1.000.000 euros).
- Convenio coa Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda:
Proponse un convenio para a execución dos seguintes viais urbanos: Rotonda de Saiáns, Pontillón, Camino de Maceiras, Pedro Alvarado, Manuel Álvarez, Severino Cobas, Gandarón, novos viais en Bembrive (accesos ao hospital do Meixoeiro).

Consellería de Medio Ambiente:

- Nova depuradora para Vigo e colectores. Solicítase que a obra sexa declarada de interese xeral polo Ministerio de Medio Ambiente e sexa financiada nun 85% a través dos fondos comunitarios. O 15% restante financiarase a través da consellería de Medio Ambiente. O custo aproximado é de 87.000.000 euros, polo que para 2005 solicítase o 15%. (652.500 euros).

Consellería de Sanidade:

- A anualidade de 50.000 euros para a redacción do proxecto do Centro de Saúde de San Roque.
- A anualidade de 50.000 euros para a redacción do proxecto do Centro de Saúde de A Seara.
- A anualidade de 50.000 euros para a redacción do proxecto do Centro de Saúde de Carballo-Balaídos.
- A anualidade d de 50.000 euros para a redacción do proxecto do Centro de Saúde de Calvario.
- A anualidade d de 50.000 euros para a redacción do proxecto do Centro de Saúde de Navia-Bouzas.

Consellería de Pesca:

- A posta en funcionamento do Centro de Seguridade Alimentaria en Bouzas, pioneiro en Galicia e que se inspira na tradición conserveira e pesqueira da cidade (250.000 euros).

Consellería de Xustiza e Interior
- A mellora do mobiliario e os equipamentos informáticos dos xulgados de Vigo (380.000 euros).
- Unha partida destinada explicitamente a cubrir as necesidades que poidan xurdir da creación de catro novos xulgados: Xulgado do Mercantil, de Instrucción nº 8, do Contencioso administrativo nº 2 (150.000 euros).

Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado:

- Proxecto de redacción dunha gardería infantil pública e a iniciación das obras en terreos cedidos polo Concello (689.000 euros).
- A posta en funcionamento do Centro de Deportes Náuticos.
- O financiamento da saída da Volvo Ocean Race e a organización de actividades deportivas, culturais, festivas e de promoción turística ata a saída da mesma.
Descargar todas as imaxes