A regata Festa do Mar, un aperitivo antes da saída da Volta ao Mundo de Vela no 2005
O venres 12 dende as 20,30 horas e previamente á saída da regata, Antón Reixa buscará a complicidade dos galegos cun espectáculo lúdico inspirado nos deportes náuticos
Hoxe presentouse oficialmente a regata Festa do Mar, enmarcada dentro dos actos de Galicia 2005 que se celebrarán os próximos días 12 e 13 de novembro na cidade de Vigo a modo de inicio da conta atrás para a saída da Volvo Ocean Race –Volta ao Mundo de Vela–, xusto cando falta un ano para que Galicia acolla esta histórica data.
A presentación correu a cargo do Director Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola Concelleira de Deportes do Concello de Vigo, Lucía Morales, e polo novo presidente do Real Club Náutico de Vigo –Franco Cobas– e técnicos do Real Club Náutico de Sanxenxo.
A regata Festa do Mar está patrocinada pola Fundación Deporte Galego, con participación do RCN Vigo, o RCN Sanxenxo, o Monte Real Club de Yates de Baiona e o Real Club Náutico de Mar de Aguete. Constará dunha única proba con saída programada para o sábado, 13 de novembro, ás 15:30 horas, dende o porto de Vigo, e está aberta a barcos das categorías "Regata", "Cruceiro/Regata", "Cruceiro", "División Open" e monotipos "Beneteau 25" y "Yatlant". A inscrición é de balde para tódolos participantes, que aspirarán aos trofeos dispostos para os tres mellores clasificados en cada categoría, ademais do premio que logrará o gañador de cada clase, composto por unha viaxe de fin de semana a Gotemburgo (Suecia) para asistir á etapa da Volvo Ocean Race o 17 de xuño de 2006.
Tal e como figura no anuncio da regata que está a disposición dos interesados no RCN Vigo, RCN Sanxenxo, MRCY Baiona e RCN Mar de Aguete, os barcos participantes que non sexan usuarios do Porto Deportivo de Vigo dispondrán de praza de amarre gratuíta nas instalacións da Mariña Davila Sport dende a semana anterior ata a semana posterior á celebración da regata.
A regata Festa do Mar forma parte dos actos organizados pola Fundación Deporte Galego e a Xunta de Galicia para os días 12 y 13 de novembro en Vigo en clave de ensaio do que vivirá a ría de Vigo o 12 de novembro de 2005. Previo á celebración desta regata, a zona portuaria da cidade olívica acollerá o venres a partir das 20:30 horas a posta en escena dun espectáculo lúdico-artístico ideado por Antón Reixa, no que o director vigués busca a complicidade dos galegos para o que será o evento deportivo mais importante da historia de Galicia: a saída da Volvo Ocean Race.
Descargar todas as imaxes