Constitución da Asociación para o Desenvolvemento Rural da Mancomunidade de Vigo
A Asociación para o Desenvolvemento Rural da Mancomunidade estará integrada polos alcaldes que conforman a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, os das entidades menores de Bembrive, Chenlo e Morgadáns, un delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e tres representantes do Pleno da Mancomunidade. Reuniranse hoxe ás 20:00 horas no Edificio Multiusos da Xunqueira, en Redondela, e nomearán os membros da asemblea xeral e da xunta directiva.
A principal actividade que vai desenvolver esta asociación consiste na solicitude e posterior xestións dos fondos Proder. A Mancomunidade prevé presentar a candidatura a este programa europeo no último trimestre do ano por máis de 1.000 millóns de pesetas que se investirán na mellora da competitividade rural coa aplicación das novas tecnoloxías da información.
A asociación rexerase por mesas sectoriais encargadas de aspectos institucionais, recursos naturais e medio ambiente, desenvolvemento económico, desenvolvemento sociocultural, veciños e muller e xuventude.