Concedidas novas axudas para a rehabilitación de vivendas do Barrio Histórico
A Comisión de Goberno concedeu hoxe catro novas axudas para a rehabilitación de vivendas no barrio histórico. Unha desas subvencións, tramitadas pola Oficina Municipal de Rehabilitación da Vivenda, servirá para reconstruír completamente o inmoble número 6 da Baixada á Herba, un edificio de tres alturas que os seus propietarios pretenden dedicar a aluguer. As outras axudas son para o arranxo de vivendas na Ribeira do Berbés, na praza de Calatrava e na Baixada a Príncipe.
Nestes momentos, a Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivendas ten xa seleccionados ao redor de 120 proxectos para a recuperación de vivendas no Barrio Histórico de Vigo.
O Concello gastará máis de 23 millóns de pesetas cada ano para conservar e limpar os parques forestais
O Goberno municipal acaba de adxudicar á empresa Simco S.L. o servicio de limpeza e conservación dos parques forestais do Concello. Esa empresa será a encargada, a partir de agora, de manter as 67 hectáreas que suman os 9 parques que se distribúen polas distintas parroquias de Vigo. Simco deberá desenvolver labores como a roza, o mantemento dos camiños, o tratamento fitosanitario da arboreda, a reparación do mobiliario e o fertilizado, entre outros. O prezo da adxudicación do servicio é de 23.843.000 pesetas.
Convenio para a organización do VII Festival Folclórico
A Comisión de Goberno decidiu asinar un convenio con tres Agrupacións Folclóricas da cidade para organizar o VII Festival Folclórico Concello de Vigo. As agrupacións que colaborarán na preparación deste festival son Xistra de Coruxo, Corisco e Lembranzas Galegas. O Concello aportará 11 millóns de pesetas para a organización deste festival, que se desenvolverá durante o verán por diversas parroquias da cidade.
Descargar todas as imaxes