Escoitar

Xornadas de debate sobre o Plan Especial do Casco Vello

luns, 18 xuñ 2001
Co gallo da presentación do Avance do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello, a Xerencia de Urbanismo organizou unha exposición na praza da Princesa 7-1º onde se explican os principais contidos do Plan e se amosan algúns aspectos das tarefas de rehabilitación que se están a desenvolver nos últimos anos no Barrio Histórico.

Coa intención de crear debate urbanístico ao redor deste asunto, o Concello organiza agora unha serie de debates que comezan esta mesma semana.


MÉRCORES, DÍA 20, ÁS 20:30 H.

SALÓN DE ACTOS DA FEDERACIÓN DE AA. DE VV EDUARDO CHAO, praza da Princesa 7-2º

COLOQUIO “A MEMORIA DA CIDADE”

PARTICIPAN:

JOSÉ LUIS PEREIRO, arquitecto
FERNANDO SEIXO, pte. da Federación Eduardo Chao
MANUEL V. SOLA, xornalista
EDUARDO ROLLAND, xornalista
VICTOR F. FREIXANES, escritor