As Escolas Deportivas incorporan seis modalidades novas para o próximo curso
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou hoxe o programa municipal de Escolas Deportivas para o próximo curso escolar que incorpora seis novas modalidades deportivas e amplía o prazo de idade ata os 18 anos.
O concelleiro manifestou a súa satisfacción por ser a primeira vez que ó remate dun curso estea a disposición dos interesados a programación do vindeiro con tanta antelación. As escolas están orientadas á práctica do deporte cun ensino de calidade e dirixidas a todas e todos os alumnos que cumplan os requisitos de idade de cada modalidade que vai dende os 6 ós 18 anos.
O programa para o vindeiro curso, no que se prevé que se beneficien 3.800 persoas, presenta seis novas modalidades: aikido, esgrima, béisbol e rugbi, ademais de tenis de mesa e tiro con arco para os discapacitades.
O programa municipal de Escolas Deportivas oferta as seguintes modalidades: aikido, atletismo, badminton, baloncesto, balonmán, béisbol, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, hockey herba, hockey patíns, iudo, kárate, loita, patinaxe, rugbi, taekwondo, tenis, tenis de mesa, tiro con arco, triathlón, voleibol, xadrez, ximnasia artística, ximnasia rítmica. Para discapacitados físicos e psíquicos: baloncesto en cadeira de rodas, natación, tenis de mesa e tiro con arco.
O prezo das actividades é de 5.000 pesetas ó ano e a inscrición realizarse durante o mes de setembro.
Descargar todas as imaxes