Escoitar

Xosé Manuel Beiras fai un balance positivo da xestión do goberno vigués

mércores, 13 xuñ 2001
imx341.jpg
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, recibiu no Concello ao voceiro do grupo parlamentario do BNG, Xosé Manuel Beiras, con quen mantivo unha conversa sobre diversos aspectos da xestión municipal en Vigo. O alcalde explicoulle a Beiras os proxectos de infraestructuras e construcción de equipamentos sociais e culturais nos que traballa o Goberno municipal.

Castrillo tamén analizou con Beiras algún dos principais problemas aos que se enfronta Vigo e comentou o bo clima de colaboración que existe entre a institución municipal e os distintos organismos de carácter público e privado que funcionan na cidade.

Tralo seu encontro con Lois Castrillo, o voceiro do BNG realizou un balance positivo dos dous primeiros anos de traballo do Goberno municipal. “Vigo precisaba do establecemento e posta en marcha dun proxecto político que tivese en conta aos cidadáns e ao tecido empresarial e industrial e, nese senso, hai unha sintonía exemplar en canto á súa colaboración e integración nos proxectos do Concello”, asegurou Beiras.
Descargar todas as imaxes