A pasada semana comezaron os traballos de reposición de muro da estación
A empresa Movex Vial S.L. principiou a pasada semana os traballos de reconstrucción do muro situado entre a estación de ferrocarril e a rúa Vía Norte. O alcalde asinou un decreto o día 4 de xuño adxudicando a esa empresa as obras de reparación do muro por un importe de 19.100.000 pesetas.
O proxecto da obra foi elaborado pola empresa Gestión, Organización e Control S.A. e supervisado polos servicios técnicos da Xerencia de Urbanismo. As tarefas de reconstrucción comezaron pola base do muro e estímase que se prolongarán durante seis semanas.
O Concello manterá a súa reclamación ante Renfe para que a empresa ferroviaria se faga cargo do custo desta obra, contratada por vía de emerxencia.