Escoitar

Benestar Social asina un convenio de intervención con menores

luns, 11 xuñ 2001
imx330.jpg
Benestar Social asinou hoxe un convenio de colaboración coa obra social da Caja Madrid e a Fundación Aldaba relativo ó programa de prevención da violencia e intervención con menores.

O convenio establece que a entidade financeira subvencionará a realización de 1.000 exemplares dun CD ROM que recollerá as conclusións das “ Xornadas Municipais sobre prevención da violencia” que se desenvolverán a finais de ano, e a realización do material de difusión do devandito programa.

A Fundación Aldaba é a entidade profesional encargada do desenvolvemento das accións dirixidas á intervención con menores. Os obxectivos destas accións son evitar na medida do posible a inadaptación e a exclusión social dos menores e abordar as situacións problemáticas e de risco de forma que se leve a cabo unha intervención preventiva.

O programa está dirixido a escolares de educación primaria de 18 centros públicos da cidade. A selección dos centros baseouse en criterios xeográficos de xeito que se recollan os distintos ámbitos da cidade ( rural, semi-rural, urbán, semi-urbán) como de colaboración e participación dos centros noutras actividades municipais.

O traballo de intervención céntrase principalmente en escolares que presenten absentismo: situacións de risco derivados do seu entorno familiar: fracaso escolar ou baixo rendimento: conductas antosociais ou desestructuración familiar.

O convenio de colaboración asinarono a concelleira de Benestar Social, Belén Sío: Severiano Solana, da obra social de Caja Madrid e Tomás Merín, da Fundación Aldaba.
Descargar todas as imaxes