Trescentas persoas maiores participaron nun programa de Benestar Social para coñecer o campus universitario
Trescentas persoas maiores visitaron o campus de Lagoas-Marcosende dentro dun programa organizado pola Oficina de Información Xuvenil de Vigo, froito dun convenio de colaboración asinado entre a Concellería de Benestar Social e o Vicerrectorado de Extensión Universitaria.
Esta iniciativa foi valorada moi positivamente, segundo a OFIX, tanto polos maiores como polos voluntarios universitarios e entidades que colaboraron. Concitou o interese tamén do persoal docente e de servicios, que contribuiu ó seu desenvolvemento.
Entre os obxectivos das visitas, destaca promover a realización de proxectos conxuntos de interese social e cultural entre estes dous colectivos, así como facilitar o coñecemento da Universidade á cidadanía en xeral e ás persoas maiores en particular. Así mesmo, pretendeuse fomentar a implicación destas últimos no ambiente universitario e propiciar o contacto interxeracional.
Ademais desta actividade, a Universidade e o Concello teñen previsto realizar no próximo curso un concerto coral conxunto, no que participará o Coro Universitario e tres agrupacións corais de persoas maiores.
Nos vindeiros meses organizarase unha mostra teatral coa participación de grupos teatrais universitarios e grupos de actores e actrices maiores de Vigo.
Descargar todas as imaxes