O Pleno aproba o protocolo para a remodelación de Balaídos
A Corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade o protocolo de colaboración entre o Concello de Vigo e o Real Club Celta SAD para a remodelación de Balaídos e a construcción dun novo estadio de fútbol.
O protocolo recolle o compromiso do Concello de realzar as adaptacións pertinentes no planeamento urbanístico para que se poida materializar a construcción dun complexo deportivo, comercial e de ocio nos terreos de propiedade municipal, que sempre manterán a súa natureza pública. Os recursos que se poidan xerar polos novos usos deben permitir o financiamento da construcción do novo estadio.
PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E O REAL CLUB CELTA DE VIGO SAD
En Vigo.
Reunidos dunha parte don Lois Pérez Castrillo, alcalde presidente do Excmo. Concello de Vigo.
Doutra parte don Horacio Gómez Araujo, presidente do Real Club Celta de Vigo SAD, que actúa en representación da dita entidade
MANIFESTAN.
1. O fútbol representa un fenómeno social de primeira orde, sobre todo na súa vertiente de espectáculo deportivo. Neste contexto a cidade de Vigo adquire unha proxección non só estatal senón tamén no ámbito internacional.
O Real Club Celta é un equipo de fútbol consolidado, nestes momentos, na elite do fútbol nacional. Sendo o equipo bandeira da cidade, dun xeito que todo o que xire perto do club ten unha ampla repercusión.
2. O Concello de Vigo é propietario do Estadio Municipal de Balaidos, que ten a natureza xurídica de servicio público, e que ocupa unha superficie de 38.885 m2. O Concello de Vigo e o Real Club Celta SAD asinaron no seu día un convenio no que entre outros aspectos se establece que o Concello autoriza ó club para que o seu primeiro equipo, utilice o estadio municipal de Balaidos, para a celebración dos encontros deportivos oficiais así como os trofeos que conveña. Esta utilización páctase cunha duración de 25 anos dende o 17 de maio de 1989, polo que remata o 16 de maio de 2014.
3. A antigüidade do estadio municipal de fútbol de Balaidos, e as características da súa propia configuración constructiva aconsellan a súa adaptación. Por outra parte o fútbol actual como feito social necesita duns equipamentos que se adapten ás demandas cidadáns. Equipamentos que repercuten no só nos aspectos deportivos, senón tamén na imaxe da cidade cara ó exterior. Polo tanto Vigo necesita dun novo estadio de fútbol que teña as seguintes características mínimas.
- A ubicación do estadio debe ser na zona de Balaídos.
- Na súa construcción teranse en cuenta as normas da FIFA e da UEFA.
- O aforo mínimo do novo estadio será de 35.000 espectadores.
- Aparcamentos sotárreos en número suficiente.
4. A situación actual de titularidade municipal do estadio e utilización polo primeiro equipo do Real Club Celta SAD debe servir para que ámbalas dúas entidades de común acordo inicien o proceso que rematará coa construcción dun novo estadio de fútbol que responda a ditas esixencias.
A consecución deste obxectivo común demanda un volumen tan importante de recursos económicos que, sen perxuicio da colaboración doutras entidades públicas ou privadas, fai necesario estudiar as posibilidades económicas que xera a actividade deportiva de primeiro nivel nacional e europeo, ó ter garantida a presencia do Real Club Celta.
Vinculado ós eventos deportivos pódense desenvolver diversas actividades comerciais, de ocio, deportivas... que permitan xerar unha parte importante dos recursos económicos necesarios para financiar a construcción dun novo estadio, e ó mesmo tempo rexerar unha zona da cidade que hoxe presenta un importante deficit de servicios como os sinalados.
As posibilidades de xerar estes recursos económicos acentúanse pola circunstancia de que anexos á parcela do estadio de fútbol, o Concello de Vigo tamén é propietario da parcela na que se ubican na actualidade as pistas de atletismo de Balaidos, cunha superficie de 21.110 m2. Polo tanto se temos en conta os espacios libres e viario existente, o Concello de Vigo é propietario de uns 70.000 m2 de solo nos que se pode ubicar toda unha serie de usos e servicios que a vez que potenciarían esta parte da cidade, permitirían xerar os recursos económicos suficientes para a construcción dun novo estadio de fútbol. Na procura deste obxectivo cómpre que ámbalas dúas institucións aunen esforzos, para o que se establecen neste protocolo as pautas de orientación sobre esta actuación, segundo establecen as seguintes,
CLAUSULAS
Primeira: O presente protocolo ten por obxecto establecer o marco xeral de colaboración entre o Concello de Vigo e o Real Club Celta de Vigo en orde á consecución dun estadio municipal de fútbol en Vigo, coas condicións mínimas sinaladas no antecedente nº 3, que posibilite a celebración no mesmo dos encontros do máximo nivel competitivo, así como doutras manifestacións deportivas e culturais ou doutra índole que se acorden.
Segunda: Para a consecución deste obxectivo común o Real Club Celta de Vigo garante que o seu primer equipo de fútbol disputará os seus encontros oficiais tanto de competición estatal como europea, no novo estadio que se constrúa.
Terceira: Pola súa parte o Concello de Vigo realizará as adaptacións pertinentes no planeamento urbanístico vixente coa finalidade de autorizar nos terreos de propiedade municipal os usos deportivos, hoteleiros, comeciais e terciarios, así como a edificabilidade necesaria que faga viable a construcción dun complexo deportivo, comercial e de ocio o amparo da repercusión que ten a actividade deportiva do Real Club Celta.
Cuarta: Os recursos económicos xerados polos novos usos que se pretenden implantar vinculados o estadio de fútbol, deben permitir o financiamento da construcción do estadio de fútbol.
Quinta: As dúas entidades acordan colaborar mutuamente na realización dos proxectos, como son estudios de viabilidade, proxectos técnicos, estudio de xeración de recursos, etc. que permitan acadar os obxectivos propostos neste protocolo.
Sexta: Determinada a viabilidade do proxecto, o Concello de Vigo realizará as actuacións administrativas precisas –modificación puntual do plan xeral vixente- para a posta en marcha do mesmo, coa máxima urxencia. O Concello de Vigo licitará unha concesión administrativa polo prazo máximo legal sobre os terreos de referencia, co obriga para o concesionario da simultanea construcción do novo estadio de fútbol, compensándose coa explotación durante o prazo da concesión do complexo deportivo, comercial e de ocio.
O Concello de Vigo comprométese a elaborar o expediente de concesión administrativa no prazo máximo dun mes, unha vez aprobada a modificación puntual do plan xeral vixente.
Séptima: Previo a estás actuacións construiranse en terreos de titularidade pública unhas novas pistas de atletismo, cunha calidade polo menos igual ás existentes, así como as instalacións municipais que hai na actualidade no estadio de fútbol, de igual calidade.
Oitava: Independientes da formula adoptada, se garantirá en todo momento a natureza pública dos terreos sobre os que se pretende realizar a actuación.
Novena: No suposto de que os recursos xerados como consecuencia desta actuación, non fosen suficientes para a execución da totalidade das instalacións previstas, o Concello de Vigo e o Real Club Celta SAD comprométense a colaborar na búsqueda de financiación adicional perante outras administracións.
Décima: Este acordo, dada a súa natureza de protocolo, poderá ser desenvolvido a través de convenios especificos, que obrigatoriamente se fundamentaran nas premisas establecidas no presente clausulado.