Representación de ”Veneno dionisíaco”, de Xosé Blanco Gil
O ciclo de teatro Moare, que organiza en primavera a Concellería de Cultura, propón unha nova función que se representará o xoves 7 no Teatro-Cine Fraga ás 20:30 horas. “Veneno dionisíaco” é unha versión da obra orixinal do dramaturgo valenciano Rodolf Sirera, “El veri del teatre”. A adaptación e inspiración da peza foi realizada polo director ourensán Xosé M. Blanco Gil.
A obra é unha ampla reflexión sobre o mundo do teatro e, sobre todo, dos actores que interpretan calquera tipo de peza. Cunha montaxe innovadora, ofréceselle ó espectador todo o que pode desexar para reflexionar sobre o mundo de actores e actrices, o que se esconde tralos escenarios e enriba deles, o que pensan e viven os protagonistas da farándula, o que, en definitiva, ten de excelente e de ruín a representación artística.
Segundo o director da obra, o teatro leva consigo unha maldición, a de Dionisos, que supón a transgresión de todo o establecido. Desta forma, tal como se relata na obra, non existen límites para a creación e interpretación literaria e teatral, salvo a que impón a propia morte dos protagonistas. Un xogo de realidade e de ficción, de rostros e de máscaras, de vida e de morte, que só acaba cando se notan os efectos do veleno dionisíaco que repartira cada un dos protagonistas.
A obra pon en escena todo o fascinante mundo do teatro e da arte de representar ata as súas últimas consecuencias. O libro orixinal, escrito por Rodolf Sirera, vén significar unha das obras máis características do seu autor. Escribiu unha decena de pezas, a maioría delas en catalán, das que se representaron case todas. Sirera foi colaborador de varias publicacións. A súa carreira como escritor e como director de teatro estivo sempre centrada en Valencia.
Pero se a obra orixinal ten un sentido totalmente innovador, non o é menos o producto que obtivo da mesma Xosé M. Blanco Gil. Cunha dilatada carreira profesional, que empezou no ano 1965 coa creación do grupo de teatro “Valle Inclán” en Ourense, Blanco Gil experimentou como poucos a arte escénica. Coa compañía “Histrión-70” realizou unha gran cantidade de obras de vangarda, tanto en Galicia como en Portugal, onde chegou a gravar para a RTP. Director ou fundador de outras compañías –Cooperativa de Comediantes Rafael D’Oliveira, Teatro do noso mundo, Teatro Experimental de O Porto, Teatro Ibérico de Lisboa, Mostra de Teatro Español en Lisboa, etcétera–, recibiu bolsas de diversos estamentos oficiais para adaptar e ofrecer obras de vangarda. No ano 1990 foi nomeado director do Centro Dramático Galego, co que estreou “Yerma” de Federico García Lorca. Representou e dirixiu máis dun centenar de obras e conta no seu haber con máis de trinta premios nacionais e internacionais.
“Veneno dionisíaco” é unha mostra de teatro vangardista na que se lle ofrece ó espectador a posibilidade de comproba-lo excelente facer dun director galego recoñecido en boa parte dos escenarios españois e portugueses.
REPARTO
Xosé M. Blanco Gil
Paulo Fassman
Susana Costa
Emilio Mota
Carlos Gomes
Dirección: XOSÉ M. BLANCO GIL
Descargar todas as imaxes