Escoitar

Xornadas sobre ”A colaboración empresarial co sector non lucrativo”

xoves, 7 xuñ 2001
imx318.jpg
O venres e o sábado celébranse na Aula Sociocultural de Caixagalicia as Xornadas “A colaboración empresarial co sector non lucrativo” que se enmarcan no programa da I Mostra das Asociacións “Sector3. Un mundo de vontades” que organiza a Concellería de Participación Cidadá.

“Sector3. Un mundo de vontades” é unha proposta de encontro e intercambio entre a cidadanía e as asociacións de Vigo, e o programa culminará os días 16 e 17 de xuño coa celebración da Mostra de Asociacións, un espacio de difusión da realidade asociativa, que terá por escenario o Parque de Castrelos.

Nas xornadas que comezarán o día 8, e que inaugurará a concelleira Mariló Cabaleiro, as 17,15 horas, perséguense tres obxectivos: afondar na captación de fondos privados como fórmula de financiamento para las ONLs: dar a coñecer experiencias de colaboración do mundo empresarial coas ONLs e viceversa: e propicia-lo debate sobre as estratexias a seguir na citada colaboración.

Nas xornadas vai participar unha ampla representación de asociacións da cidade e tamén doutros puntos de Galicia, interesados nos temas a debater. Tamén confirmaron a súa presencia persoas de diferentes empresas da comarca.

O programa do venres das Xornadas é o seguinte:

Trala inauguración por parte da concelleira, ás 17,30 terá lugar a conferencia sobre “A estratexia social da empresa”, a cargo de José Luis Veira Veira, Catedrático de Socioloxía da Universidade de A Coruña.

Ás 18,20 terá lugar unha mesa redonda, na que intervirán como relatores representantes de Caixagalicia, que patrocina o programa “Sector3.Un mundo de vontades”, Heineken-Galicia e MRW.


Descargar todas as imaxes