Comeza a tramitación da ordenación urbanística dos terreos situados entre a Avenida de Europa e a Avenida Atlántida
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou os avances dos Plans Parciais de Fontes e de Pertegueiras, en Alcabre, dúas zonas que abranguen case medio millón de metros cadrados situados entre a Avenida de Europa e a Avenida Atlántida. Os documentos serán sometidos a exposición pública durante un mes.
O ordenamento proposto desenvolve as previsións do Pxou vixente. A edificación prevista é a de vivendas unifamiliares illadas e adosadas compaxinadas con inmobles de tres e catro alturas. O límite de edificabilidade establécese en 0,50 m2xm2. Prevese a apertura dun vial de 30 m. de ancho que une a Avenida de Europa coa Avenida Atlántida e a creación de equipamentos. Tamén se reserva unha franxa de zona verde de 15 metros a carón da avenida de Europa.