A Asociación Forestal de Galicia estima que o Plan Eólico ten que considerar a utilidade pública dos montes veciñais
A Asociación Forestal de Galicia, que agrupa só nas proximidades de Vigo a máis de 50 comunidades de montes veciñais afectadas polo Plan Eólico de Galicia, vén de presentar alegacións ó proxecto de modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia.
”O Plan Eólico ten que considerar a utilidade pública dos montes veciñais e súa prevalencia evitando a posibilidade de expropiación das terras para este fin”, explicou o representante da asociación Xosé Represas. Desde este colectivo estiman que o plan debe contemplar unha relación de áreas de protección nas que se prohíba a instalación de parques eólicos e reclaman a constitución dun grupo de traballo con presencia de propietarios e da Administración, xa que na promoción do aproveitamento non se contou cos propietarios forestais.
Desde esta asociación presentan como posibles alternativas a participación da propiedade das terras no capital da empresa para beneficiarse do valor engadido da producción de enerxía ou arrendamentos en función da potencia instalada e dunha porcentaxe sobre a facturación dos aeroxeneradores.
”Este é o primeiro Plan Sectorial da Xunta de Galicia que se realiza sen considerar os axentes sociais e económicos involucrados”, explicou Represas.