O Concello de Vigo promove a tarxeta verde de transporte urbano
A tarxeta verde é novo sistema de pagamento dos autobuses urbanos, equivalente ó bonobús, que se poderá solicitar nas oficinas de Caixanova de Vigo e Chapela a partir do 25 de xuño. Na implantación desta tarxeta colaboran Caixanova e Vitrasa.
Coa utilización deste sistema, Vigo será unha das primeiras cidades en aproveitar as novas tecnoloxías para aplicar este sistema de pago, o que vai permitir simplificar os cambios coa implantación da moeda única europea.
O Goberno municipal fai unha aposta estratéxica polo transporte público urbano na convicción de que é o eixo fundamental para asegurar a mobilidade e de que contribuirá a evitar problemas ambientais derivados do tráfico.
O alcalde de Vigo explicou que as subvencións ó transporte colectivo, as modernizacións da flota e do sistema de información para os usuarios unidas ás futuras modificacións no trazado de liñas e á instalación de marquesiñas nas paradas de autobús servirán para que, a comezos do vindeiro ano, Vigo dispoña dun servicio de transporte urbano de viaxeiros máis rápido, eficaz, barato e ecolóxico que será un dos mellores do Estado.
Os portadores desta tarxeta moedeiro evitarán abonar en metálico o importe do billete de autobús. Poderase recargar nos caixeiros de Caixanova as 24 horas do día durante todo o ano. Coa súa utilización evítase pagar o billete completo, xa que equivale ó bonobús e, no futuro, servirá como billete de transferencia.
Os interesados en solicitala deben achegárense a unha oficina da entidade bancaria, presentar o carné de identidade, cubrir un impreso e, de contado, se lles entregará a tarxeta. Os estudiantes e pensionistas que xa dispoñen de tarxeta de transporte e os posuidores de tacos de bonobús poderán seguir utilizándoos ata que caduquen.
Descargar todas as imaxes