Escoitar

O Concello urxe á Deputación de Pontevedra a asinar os convenios das rúas Rosalía de Castro e Doutor Carracido

O alcalde anunciou esta mañá que o Goberno municipal realizará as obras de humanización destas dúas rúas “con ou sen” a participación do ente provincial porque “a esta cidade non é capaz de parala”.

venres, 8 mai 2026

Abel Caballero afirmou que desde abril de 2025, data en que o Concello remitiu unha proposta de convenio á Deputación de Pontevedra para que os 5 millóns da súa achega inclúan os proxectos de humanización das rúas Rosalía de Castro e Doutor Carracido, o ente provincial mantense en silencio e “sen dar resposta” á iniciativa de Vigo.

A dilación na sinatura do convenio xera atrasos na execución das obras, segundo lembra o rexedor. “Pasou un ano e non responderon nada”, recalcando que a Deputación “está a atrasar as obras”.

O rexedor sinalou que o Concello de Vigo coopera co ente provincial coa achega anual de 85 millóns de euros “e devólvennos só 5 e, ademais, non asinan os convenios”.

Descargar todas as imaxes