Escoitar

Vigo inicia as representacións históricas na vila romana de Toralla

As dúas primeiras recreacións da vida romana no xacemento de Toralla serán este xoves, 4 de xullo, en dous pases ás 20 e ás 21 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Os espectáculos serán os xoves de xullo e agosto coa loita de gladiadores como “estrela da exhibición”.

martes, 2 xul 2024
Vista aérea da vila romana de Toralla
Vista aérea da vila romana de Toralla

O alcalde avanzou que este xoves, 4 de xullo, regresan as representacións históricas á vila romana de Toralla coas que o público poderá achegarse, da man de figurantes ataviados de época, aos costumes e tradicións dos séculos IV e V despois de Cristo, a época do xacemento arqueolóxico, a única vila romanada de Galicia que está escavada integramente e pode ser visitada.

As recreacións do momento de ocupación da vila romana amosan á cidadanía da época de diferentes clases sociais e escenificando diferentes ambientacións: a celebración dunha voda, a elaboración de perfumes e adornos florais, bailes, traballos, venda de escravos e “a estrela da exhibición” que é a loita de gladiadores, a xuízo do rexedor.

O goberno municipal ofrece 14 representacións divulgativas na vila romana de Toralla, con entrada gratuíta ata completar aforo. Serán 7 xornadas, os xoves de xullo e agosto con dous pases cada día: ás 20 e ás 21 horas. Así, en xullo, haberá representacións os días 4, 11 e 18 e en agosto haberá os días 1, 8, 22 e 29.

A entrada é gratuíta ata que se complete o aforo, sen necesidade de reserva previa.

Vista aérea da vila romana de Toralla
Descargar todas as imaxes