Escoitar

Vigo, cidade de cor incorporará 8 novos murais que se sumarán ás 177 actuacións xa realizadas

O alcalde destacou esta mañá que xa son 177 as actuacións realizadas dentro do programa Vigo cidade de cor, unha cifra á que se sumarán proximamente 8 novos murais. O goberno local vén de contratar o décimo programa de medianeiras cun orzamento de 180.000 euros.

luns, 17 xuñ 2024
Imaxe de arquivo da actuación realizada na Vía Verde.
Imaxe de arquivo da actuación realizada na Vía Verde.

A Xunta de Goberno deu luz verde contratación das obras do X Programa para arrombar medianeiras, Vigo cidade de cor, dotado con 180.000 euros. Deste xeito, decoraranse oito novos murais que elevarán a case 190 as actuacións xa realizadas na cidade.

Esta ano os espazos serán os seguintes: Auditorio municipal de Teis (autora, Anna Langeheldt); muro do aparcamento da AAVV de Matamá (autora, Eva Casais); Travesía de Vigo, 222 (autora: Expostas); rúa Robleda, 118 (autor: Pablo Loyola); muro do campo de fútbol de Coia -na rúa Nigrán-, (autor, Slim Safont); paseo Avenida Castelao (autora, Vanesa Álvarez); pista deportiva da Salgueira (autor, Víctor Playincolors) e muro rúa Ourense esquina Romil (autor, Zesar Bahamonte).

Neste 2024 o programa de medianeiras arrincou o pasado mes de marzo cunha primeira actuación na Vía Verde que permitiu renovar a ponte á altura da rúa Coutadas, pintando e instalando unha pérgola téxtil a modo de marquesiña.

Descargar todas as imaxes