Escoitar

"A dobre fila trae consecuencias"

"A dobre fila trae consecuencias" é o lema da campaña informativa e de acción contra a dobre fila na cidade de Vigo que presentou hoxe o concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transportes, Xulio Calviño que se desenvolverá ata o 1 de novembro momento en que se comezará a actuarse intensamente na retirada de vehículos.O concelleiro manifestou que non é obxectivo do Concello sancionar, senón o de acadar un tráfico máis fluído e unha cidade máis agradable.

mércores, 15 out 2003
1066220271trafico.jpg
Soporte publicitario
A Campaña ten como propósito informar á cidadanía sobre a necesidade da súa contribución individual e persoal, a través dunhas mínimas normas de conducta cidadá, á mellora das condicións do tráfico da cidade e, por extensión, á mellora da calidade de vida en Vigo. No soporte publicitario da campaña lémbrase que preto de 150.000 vehículos circulan decote polas rúas da cidade e estacionando o coche en dobre fila estase a xerar un gran trastorno de tráfico. Tamén recorda que a sanción por aparcar en dobre fila segundo a Lei, establécense entre 150€ e 301€, e o custo da grúa por retirar o vehículo é de 104,70 euros.

A campaña estructurase en varias fases. A primeira é de concienciación na que se fará chegar á cidadanía a cultura do bo uso cidadá, os conceptos de solidariedade, e a consciencia da imposibilidade de calidade de vida sen un compromiso individual adecuado ás necesidades da colectividade. Na segunda fase anunciase a implantación de medidas destinadas a eliminar o problema de dobre fila e recomendarase a utilización de transporte colectivo, o uso dos aparcadoiros públicos e a moderación na utilización do vehículo individual.
Descargar todas as imaxes