Escoitar

Máis de 4.000 persoas participaron nas actividades do centro Cívico de Teis

A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, ven de presentar a memoria de actividades do centro Cívico de Teis con motivo do primeiro aniversario da posta en servicio do centro. Segundo a concelleira o "centro é un espacio onde se fai patente a descentralización sociocomunitaria no municipio, que sirve para a participación e a convivencia cidadá a través do diálogo e as prácticas asociativas e culturais".

martes, 14 out 2003
1066136067Maria.jpg
María Méndez
En total 4.103 persoas beneficiáronse dalgunhas das actividades desenvolvidas durante este ano no Centro Cívico tales como cursos de formación, emprego do aula tecnolóxica, biblioteca e sala de lectura, asistencia a conferencias e actividades de lecer para o público infantil. O Centro pretende recoller e cubrir todos-los intereses, necesidades e fins que se queren conseguir para un maior beneficio dos cidadáns e para lograr un aproveitamento total de todas-las instalacións e servicios.

O Centro conta cunha infraestructura total de 1.377,75 m2 distribuídos entre un edificio de servicios de 623,7 m2 que acolle: unha sala de lectura, salón de actos, unha aula tecnolóxica, unha sala relacional, unha aula taller-cociña, unha sala de conferencias, unha sala de reunións etc., e un auditorio de 754,05 m2 construídos. Atopase no entronque do camiño de Maceiras e o camiño de Cancelo, máis coñecido como antiga Finca de Cobas, o cal foi cedida o Concello por medio dunha permuta cun centro comercial.

Para a xestión deste equipamento asinouse un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a A.VV. de Teis no animo de propiciar a máxima participación e colaboración desta entidade.
Descargar todas as imaxes