Escoitar

O Concello adquire a Praza de Vialia

O Concello de Vigo asinará o convenio con Ceetrus para ser o titular da Praza de Vialia. O custe do mantemento será asumirao o Concello nun 60% e Ceetrus nun 40%.

martes, 20 feb 2024

Abel Caballero deu conta do convenio que asinará o Concello con Ceetrus para que a titularidade da Praza de Vialia sexa municipal. “É unha praza de uso público, unha zona importante de ocio, onde as familias pasan a tarde... e queremos que a xestión sexa desde o Concello”, sinalou o rexedor.

Segundo explicou o alcalde, o mantemento da praza será nun 60% por parte do Concello, e o 40% restante asumirao Ceetrus. “Isto é moi conveniente para o Concello, aseguramos que estea en perfecto estado”, dixo o rexedor.

Caballero lembrou que coa apertura do HALO a praza convértese nunha zona de comunicación entre a zona alta e baixa de Vigo.

Descargar todas as imaxes