O Concello mellorará o saneamento na contorna de Balaídos
Segundo explicou o alcalde logo da Xunta de Goberno, o obxectivo é solucionar o saneamento nas inmediacións do Estadio Municipal de Balaídos para evitar a acumulación de auga nos días de choiva.
Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno encomendou a Aqualia a redacción do proxecto para a mellora do saneamento no entorno de Balaídos. O obxectivo é evitar a acumulación de agua nos días de choiva.
Segundo explicou o rexedor, nesta área conflúen importantes infraestruturas de saneamento como colectores de marxe na Avenida Balaídos, Manuel de Castro e na Avenida do Fragoso, así como o tanque de tormentas de Balaídos e o río Lagares.
Así, o alcalde lembrou que despois comezará a humanización de Val Miñor e a zona de Tribuna do Estadio Municipal de Balaídos, e que xa se está a executar a humanización da rúa Pablo Iglesias.
Novo Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento
Recentemente o Concello encargou do Plan Integral de Xestión do sistema de Saneamento, que deberá estar listo en 2026, e servirá para planificar de forma integral as obras de mellora do servizo de saneamento da auga, xa que reflectirá as necesidades de renovación e a situación da rede en cada zona de Vigo, e evitará a contaminación por verteduras.
Novos servizos de abastecemento
Este mes o Concello está a instalar as novas redes de saneamento nas rúas San Correa, en Beade; Baixada a San Roque; Ramón Nieto; Isidoro Romero Caballero; Breadouro–Combro, en Coruxo; Doutor Corbal 69-67; Carrasqueira interiores, en Coruxo; ademais de nos camiños Eidos e Outeiro, en Sárdoma, Saíñas, en Samil, e Chumba, en Teis. A estes súmanse os dos CEIPS Santa Tegra e Paraixal.
A estas obras súmanse ás realizadas desde 2019 en Coruxo, Lavadores, García Barbón, Carballal, Hernán Cortés, Emilia Pardo Bazán, Sárdorma e A Salgueira.