Escoitar

O HALO entra en funcionamento este venres ás 12 de mañá

Abel Caballero avanzou este xoves que mañá venres, a partir das 12 da mañá, a cidadanía viguesa poderá utilizar o ascensor HALO que une a zona de García Barbón coa de Vía Norte, sumando este novo elemento mecánico ao corredor que discorre desde Areal ata o Barrio de Ribadavia conectando desde a parte alta da estación de Vialia. A obra está cofinanciada polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU. A nova infraestructura do Vigo Vertical conecta dúas áreas da cidade na que residen máis de 100.000 persoas.

xoves, 15 feb 2024

O alcalde anunciou que, concluída a construción do ascensor HALO, a cidadanía de Vigo poderán utilizalo a partir do mediodía de mañá, e que para o seu uso contarán co apoio dos técnicos que o construíron. Recalcou que ata que a poboación se familiarice co uso do novo sistema de desprazamento, o persoal da empresa construtora asesorará aos usuarios no seu funcionamento.

Caballero apuntou que o ascensor pon fin ao traxecto actual que obriga a realizar unha volta de 2 quilómetros para subir desde a zona de García Barbón, Rosalía de Castro e Arenal, ata a parte alta da estación de Vialia. Recordou que nestas dúas áreas de Vigo residen máis de 100.000 persoas.

O ascensor HALO integra a dous elevadores con capacidade para 17 persoas que están situados na torre que sostén a pasarela circular. En só 30 segundos permitirá a 34 persoas salvar o desnivel de preto de 50 metros que existe entre as rúas Serafín Avendaño e a praza de Vialia, sobrevoando o vial da AP-9.

O rexedor sinalou recentemente  que toda a pasarela do HALO conta cun complexo sistema de iluminación composto por  220 luminarias, e 8.800 puntos led. O sistema instalado permite xerar unha iluminación artístico-escénica en función das conmemoracións que teñan lugar. “Pode haber luz fixa, con escenas fixas, e con animacións dinámicas coa representación de obxectos que se programen, como a bandeira de Vigo ou a cor do Celta”, explicou ao incidir en que o ascensor se vai a converter nunha “gran atracción na cidade”.

Caballero afirmou que co HALO Vigo colócase entre as cidades con construcións destacadas como a Estación Central de Amberes, o parque do cincuentenario de Bruxelas, ou o Congreso dos Deputados.

A nova infraestrutura do Vigo Vertical foi financiada ao 50 por cento polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

Descargar todas as imaxes