Escoitar

O Ifevi acolle a fin de semana do 17 e 18 de febreiro a XIII Edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto

O Instituto Feiral de Vigo acolle a próxima fin de semana a décimo terceira edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto, segundo avanzou este mércores Abel Caballero.

mércores, 14 feb 2024

“Merece a pena achegarse ata o Ifevi esta fin de semana” para contemplar os vehículos expostos no recinto feiral con motivo da XIII edición do Salon Retro Galicia. É a mensaxe do alcalde de Vigo ante a organización a próxima fin de semana dunha cita que conta con 144 expositores.


Caballero apuntou que o salón conta cun espazo reservado en exclusiva para os coches clásicos e que a novidade deste ano é o Rally Primavera, que terá lugar o sábado 17 de febreiro organizado pola Escuadra Vigo Clásicos, ao que confirmaron a súa participación un total de 45 coches.


O alcalde lembrou que o salón contará coa exposición e venda de vehículos, ademais de mercado de pezas e accesorios, e de estands de clubs, entre outras ofertas.

Descargar todas as imaxes