Escoitar

O Concello xa pagou as primeiras 11.611 becas de libros

A vindeira semana serán aboadas as seguintes 5.000 axudas e deseguido irán pagándose as restantes becas ás familias viguesas.

xoves, 15 feb 2024
Foto de arquivo do alcalde nunha visita ao Ceip Mosteiro-Bembrive
Foto de arquivo do alcalde nunha visita ao Ceip Mosteiro-Bembrive

O alcalde informou este xoves do pagamento ás entidades bancarias do primeiro bloque de axudas concedidas ás familias viguesas: son 11.611 bolsas de libros. As restantes irán aboándose nas vindeiras semanas ao alumnado beneficiario.

O goberno municipal dedica ao programa de axudas para libros un importe total de 5,8 millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiarse 28.500 estudantes vigueses matriculados en ensino Primario, Secundario, Educación Especial e Formación Profesional Básica. Cada un deles recibirá 205 euros para contribuír ao pagamento dos libros.

 

Descargar todas as imaxes