Escoitar

O Concello aproba a licitación do programa "Vigo en Inglés”

A Xunta de Goberno deu este venres luz verde á licitación do programa de inmersión lingüística "Vigo en Inglés" para os anos 2024 e 2025 cun importe total de 6 millóns de euros. O alcalde deu conta deste asunto explicando que o orzamento anual do programa será de 3 millóns de euros e que permitirá enviar a preto de 1.000 estudantes vigueses a estudar inglés ao Reino Unido e Irlanda.

venres, 16 feb 2024
Descargar todas as imaxes