25.000 personas utilizaron o Halo na primeira fin de semana de funcionamento
A entrada en funcionamento do Halo, a pasada fin de semana, atraeu o interese das 25.000 persoas que pasearon polo novo elemento do Vigo Vertical que comunica a rúa de García Barbón con Vía Norte; a zona máis próxima ao mar coa parte alta da cidade. “O nivel arquitectónico é único, dunha beleza excepcional”, afirmou Abel Caballero ao destacar que o Halo “vertebra” á cidade e favorece a mobilidade.
“Non coñezo ningún ascensor público en Europa destas características”, así o presentou este luns Abel Caballero o Halo durante a visita , cos concelleiros Javier Pardo y María Xosé Caride, á nova infraestrutura de comunicación urbana do Vigo Vertical que en 26 segundos percorre unha distancia de 50 metros entre as rúas García Barbón e Vía Norte.
O alcalde avanzou que durante a fin de semana de arranque do Halo, 25.000 persoas percorreron o que xa considera como a “nova rúa de Vigo”, que proporciona un novo paseo-miradoiro a gran parte da cidade. “Moitísimas persoas utilizaron o ascensor e outras pasearon polo miradoiro”, explicou.
O rexedor lembrou que o Halo forma parte do novo corredor que conectará as dúas do litorial co Barrio de Ribadavia, xa que durante este mandato incorporaranse as ramplas xa en construción de cálea Escultor Gregorio Fernández e as proxectadas entre García Barbón e o novo ascensor. “Isto vai cambiar a forma de vivir e pasear a zona”, afirmou tras lembrar o cambio substancial que imprimiron as pasarelas de Gran Vía noutra área do centro urbano. "E un Vigo distinto", recalcou. Caballero lembrou que o Halo foi financiado con fondos europeos asignados polo Goberno de España.
Caballero, ao indicar que na área onde se insere o Halo residen 80.000 persoas, reiterou que o goberno vigués instalará un sistema mecánico tecnicamente avanzado de conexión entre as prazas de España e de América. “Anunciei este proxecto e farase”, incidiu.