Escoitar

As análises sinalan unha melloría do estado das augas de Samil

xoves, 31 mai 2001
imx293.jpg
As últimas análises realizadas polo laboratorio municipal das augas da praia de Samil certifican unha notable melloría do seu estado. Os controis sinalan que desapareceu todo tipo de contaminación na zona norte da praia, a parte máis próxima ao Cocho das Dornas. No resto do areal as augas experimentaron unha mellora apreciable, pero o Concello segue desaconsellando o baño.

Operarios especializados están procedendo á última parte da reparación do emisario submariño. De non xurdir problemas e continuar a evolución positiva do estado das augas, a situación podería quedar totalmente normalizada esta fin de semana.
Descargar todas as imaxes