O Consello da Xerencia analiza o informe emitido pola CPTOPV en contra da modificación do PXOU na parcela de Gea en Coruxo
O alcalde de Vigo deu conta hoxe ao Consello da Xerencia de Urbanismo do informe desfavorable da Consellería de Política Territorial á proposta presentada polo Grupo de Empresas Álvarez para recalificar a parcela que posúe a empresa en Coruxo. Tódolos grupos presentes no Consello coincidiron en valorar que o informe impide a execución dun dos puntos contidos no Plan de Viabilidade subscrito polo Goberno central, a Xunta e o Concello coa dirección de GEA.
Segundo o informe da CPTOPV, a transformación da parcela de GEA en Coruxo de uso industrial a residencial debe facerse aplicando un coeficiente reductor en atención ao maior valor lucrativo do uso residencial. Ademais, o informe sinala que as edificacións que se fagan na parcela deben ser congruentes cun contorno no que predominan as vivendas unifamiliares.
Con estas premisas, GEA non poderá realizar a operación prevista no seu Plan de Viabilidade, que consistía na recalificación dos terreos e a súa venda para obter máis de mil millóns de pesetas necesarios para pagar as súas débedas cos traballadores.
O alcalde, Lois Castrillo, explicou que con este informe o Concello se encontra coas mans atadas para poder cumprir os seus compromisos no Plan de Viabilidade. Por iso anunciou a súa intención de pedirlle á Xunta que busque outra fórmula que lle facilite á empresa a obtención dos fondos necesarios para abonar a débeda cos traballadores.