O Concello confirma o concerto de Alejandro Sanz
A concelleira de Festas e Animación Socioculural, Isaura Abelairas, asegura o concerto de Alejandro Sanz en Balaídos o próximo 21 de xullo. As concellerías de Festas e de Deportes mantiveron unha reunión o pasado luns cos responsables da xira na que se lles indicou o imprescindible do mantemento do céspede antes, durante e despois da celebración do concerto.
As medidas que se acordaron na xuntanza son que o escenario para a actuación de Alejandro Sanz se colocará imprescindiblemente fóra dos límites do terreo de xogo, polo que o céspede non soportará ningunha presión de estructuras. Dentro dos límites do terreo de xogo, utilizaranse proteccións de última xeración que garantan a zona de ocupación do público. No resto de ubicacións utilizarase moqueta que impida as accións negativas dos posibles verquidos de bebidas.
Outras das medidas tomadas na reunión son que os responsables da xira estarán en contacto permanente cos responsables do céspede do estadio de fútbol para tomar as medidas necesarias para a súa conservación. Tamén limitouse o aforo do concerto a 20.000 persoas (a ocupación do estadio sitúase en máis de 40.000) co que o céspede soportará menor presión que noutros concertos celebrados anteriormente.
Todos estes temas recóllense puntualmente no convenio de colaboración que se está a tramitar actualmente coa empresa promotora do concerto YMAX-Producciones e que se entregará copia o Real Club Celta. No convenio inclúese a obrigación do promotor de contar cun seguro específico que afronte posibles desperfectos no estadio e no propio céspede, así como a retención da colaboración económica do Concello ata que se comprobe o estado do campo unha vez finalizadas as tarefas de desmontaxe.
Concurso de Composición Coral Galega
A concelleira de Animación, Isaura Abelairas e o presidente da Federación Coral Galega, Carlos Orcajo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para celebrar o “III Concurso de composición coral galega” que se celebrará o próximo mes de novembro.
O concurso ten como obxectivo facilitar ós compositores a posibilidade de escribir obras de nova creación sobre textos en galego, harmonizar temas actuais populares ou tradicionais galegos.
A concelleira manifestou que dende o seu departamento potenciase a programación cultural mediante actividades e espectáculos de diversa índole, tanto no centro de cidade como polos distintos barrios, así como fomentar e desenvolver a creación artística.