Abel Caballero: “O Baltasar Pujales xa está dispoñible para que o Rápido de Bouzas o utilice”
O alcalde explicou esta mañá que “inmediatamente dende o Concello se acometeron os traballos de reposición” tras os desperfectos provocados polo temporal.
O campo de fútbol municipal, onde xogan as diferentes categorías do Rápido de Bouzas, o Baltasar Pujales, xa se encontra dispoñible para a práctica deportiva.
Tras os danos provocados polo temporal na bancada, e unha revisión dos mesmos, o pasado venres o Concello de Vigo comezou a súa reparación tras contratala “pola vía de emerxencia” por valor de 21.000€, logrando “nun tempo récord” a súa posta en marcha, como indicou o rexedor vigués.