Escoitar

As ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández salvarán un desnivel de 15 metros de altura

As ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández permitirán salvar un desnivel de 15 metros de altura entre Vía Norte e a Praza de Fernando El Católico. O goberno local arrancou hoxe a instalación deste novo elemento do Vigo Vertical que conta cun orzamento de 2,6 millóns dos que o 75% procede de Fondos Next Generation.

venres, 17 nov 2023

O Concello iniciará hoxe a colocación da rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández. O proxecto conta cun orzamento de 2,6 millóns, dos que o 75% corren a cargo do Goberno de España a través de Fondos Next Generation do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Instalaranse 5 ramplas que salvan 15 metros de altura entre Vía Norte e a Praza de Fernando El Católico. Un dos tramos ten 25 metros, mentres que outros dous teñen unha lonxitude de case 32 e 29 metros, respectivamente.

A actuación, que se extenderá a longo duns 200 metros, incluirá a instalación de cámaras, alumeado específico, sensores e Mupis, así como a renovación de redes de saneamento e abastecemento, luminarias e os pasos de peóns, que terán iluminación específica, detallou o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes