Teatro para a fin de semana
SÁBADO 18 NOVEMBRO, ás 20:00 h: “SEIS, Lorca en Galicia”
Seis foron os poemas que Federico García Lorca fixo en galego, e “SEIS” é o nome deste proxecto que pretende homenaxear este fito da literatura en Galicia; que o mellor poeta contemporáneo é un dos máis grandes poetas da lingua castelá de todos os tempos, escóllese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza no mellor dos casos.
“SEIS” é un proxecto audiovisual onde a música en directo composta para a ocasión de carácter ambiental con guitarra eléctrica e videocreación en vivo, crearán una atmosfera onírica e suxestiva mentres a obra de Lorca é recitada. Deste xeito, música e imaxe acompañarán a palabra do poeta, ofrecendo ao espectador un achegamento diferente a esta xoia da literatura.
Equipa:
Rafa Fernández, guitarra eléctrica e composición
Lara Dopazo, voz
Adriana Páramo, videocreación
Álex Salgueiro, teclados
Xénero: espectáculo multidisciplinar con poesía, música e visuais
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 60 minutos
Prezo da entrada: 10 €
DOMINGO 19 NOVEMBRO, ás 18:00 h: Companyia de Comediants La Baldufa: “La fábula de la ardilla”
O gran ourizo vive placidamente á sombra dun gran carballo e coida dos seus, mentres goza do seu anaquiño de mundo. Pero un día esta paz verase perturbada pola chegada dun esquío amable, traveso e xoguetón. A súa convivencia non será fácil. Descubriremos un ourizo arisco e protector e un esquío con ganas de saber e compartir. Unha das características das fábulas é que sempre acaban cunha conclusión moral. Polo tanto, de que nos fala La fábula de la ardilla? Con este espectáculo, La Baldufa propónnos pensar, reflexionar e afondar na diferenza e a mestizaxe. O ourizo e o esquío son moi diferentes, pero teñen infinidade de oportunidades para aprender e compartir xuntos.
Autoría: Jokin Oregi & La Baldufa: Enric Blasi, Emiliano Pardo, Carles
Pijuan
Dirección: Jokin Oregi
Música: Òscar Roig
Deseño de luces: Miki Arbizu
Deseño escenográfico: Carles Pijuan
Deseño e confección de vestiario: Rosa Solé
Construción de escenografía: Juan Manuel Recio, Ferran López, Xevi Planas,
Olga Cuito, Carles Pijuan
Actores:
· Ourizo: Carles Pijuan o Ferrán López
· Esquío: Emiliano Pardo o Enric Blasi
Músico: Pau Elias
Técnico: Anjos Fernández
Produción: Enric Blasi, Emiliano Pardo, Amàlia Atmetlló, Maria Capell
Distribución Galicia: Kandengue Arts
Coprodución: Festi’Mômes Questembert Communauté LEADER France
Co apoio de:
Generalitat de Catalunya - Departament de Cultura ICEC
Goberno de España – Ministerio de Cultura e Deporte – INAEM
Institut Ramón Llull
Fira Mediterrània de Manresa
Xénero: espectáculo de teatro e multidisciplinar
Idade recomendada: familiar, a partir de 6 anos
Duración: 50 minutos
Prezo da entrada: 5 €